Duelo en grande na Liga Iberdrola entre o Málaga e o Porriño
Duelo en grande na Liga Iberdrola entre o Málaga e o Porriño
Semana intensa para o equipo galego, que a fin de semana xogará a eliminatoria europea en Turquía
Semana intensa para o Balonmán Porriño. As de Ismael Martínez teñen dobre partido europeo en Turquía a vindeira fin de semana, pero antes terán que disputar a xornada intersemanal de liga ante o Málaga. De gañaren mañá, as do Porriño poñeríanse líderes.
O equipo malagueño ocupa a primeira posición da Liga Iberdrola con 13 puntos en sete xornadas. O Conservas Orbe Zendal Porriño é o terceiro clasificado, xusto por detrás do Mecalia Guardés e a só dous puntos do líder. Os dous equipos veñen cunha xeira de tres vitorias consecutivas. O Costa del Sol Málaga conta cun grande equipo coa galega Estela Doiro, a ex-xogadora do Guardés Patricia Lima ou a goleadora Joana dos Santos.