Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Porriño deixa ver o seu poderío diante do Bera Bera (28-24)

O Porriño deixa ver o seu poderío diante do Bera Bera (28-24)

O equipo galego gañoulle ao último campión da Liga cunha gran remonta no segundo tempo

G24.gal 16/10/2024 22:08

O Conservas Orbe Zendal Porriño amosou o seu poderío diante do Bera Bera (28-24). O último campión da Liga Guerreras caeu en Galicia diante dun equipo porriñés que xogou un gran segundo tempo. 

Comezou o conxunto vasco mandando (3-7) pero o Porriño equilibrou o marcador (12-12) aínda que marchou ao descanso dous goles abaixo (14-16). A dinámica mudou no segundo tempo que comezou cun parcial de 4-0 que lle deu a iniciativa ás locais. 

Lonxe de reaccionar o Bera Bera non atopou o xeito de neutralizar a vantaxe porriñesa que, co paso dos minutos ía aumentando, ata chegar aos catro goles (26-22). Casasola, con sete goles, e a porteira Ana Belén Palomino, cunhas grandes porcentaxes, foron as máis destacadas do partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar