Os números acreditan que Iago Aspas segue ao seu mellor nivel
Os números acreditan que Iago Aspas segue ao seu mellor nivel
Leva catro goles e tres asistencias no campionato ligueiro e contra o Xetafe volveu a dar unha clase maxistral de fútbol
Unha e outra vez Iago Aspas traspasa a porta do estadio, baléirase no campo e acaba como xogador máis valioso do partido. Esta temporada leva catro goles e tres asistencias, a última, a que lle deu a Douvikas para marcar o único gol do partido, o da vitoria contra o Xetafe.
De aproveitar o repertorio de pases de Iago sería un resultado máis avultado, pero Giraldez está contento. Non foi o Celta de Leganés, foi un Celta con oficio. O Celta volveu gañar na casa logo das derrotas co Real Madrid e co Atlético e do empate co Xirona.
O partido estivo rodeado dun ambiente especial, co desastre de Valencia moi presente, cun minuto de silencio emocionante. Andalucía é o próximo destino do Celta. Visita o Betis o domingo, a tres puntos de distancia.