Publicador de contidos
Publicador de contidos

Iago Aspas renova co Celta ata o 2026

Iago Aspas renova co Celta ata o 2026

"O Celta é a miña vida, é a miña casa, son eu", di Aspas nun emotivo video en Balaídos no que anuncia a súa decisión

G24.gal 25/12/2024 11:18 Última actualización 25/12/2024 18:16

O RC Celta anunciou este mércores, día de Nadal, a renovación de Iago Aspas por unha tempada máis, ata o 30 de xuño de 2026.

“É un orgullo para o club e para o celtismo contar cun dos grandes emblemas do fútbol español, lenda viva do celtismo, un ano máis”, destacou a entidade que preside Marian Mouriño no seu comunicado de prensa.

Nun emotivo vídeo sobre o céspede de Balaídos, acompañado da súa muller, Jennifer Rueda, e os seus tres fillos, o capitán celeste anuncia a súa decisión.

“Cada recuncho deste estadio e cada berro desde a bancada acompañáronme neste camiño. Aquí vivín días inesquecibles, momentos de alegría, de celebración, xornadas de dor das que nos levantamos xuntos. Para min, isto é moito máis que fútbol, que un club. O Celta é a miña vida, é a miña casa, son eu. Din que nada é para sempre, pero o que sinto por estas cores levareino sempre no meu corazón”, destaca Aspas.

Desde os seus primeiros pasos nas categorías inferiores con tan só 8 anos, ata converterse no mellor futbolista da historia do Celta, o actual capitán suma ata o momento 574 partidos, 220 goles e 82 asistencias.

Un palmarés entre primeiro equipo e filial ao que se engade o lograr ser o máximo goleador español de LaLiga en catro tempadas (2016-17, 201718, 2018-19 e 2021-22).

No presente campionato suma seis goles, un menos que Sancet (Athletic) e Sandro Ramírez (As Palmas), máximos goleadores nacionais da liga ata o momento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar