Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aspas volve ao Helmántico, o campo en que debutou co primeiro equipo

Aspas volve ao Helmántico, o campo en que debutou co primeiro equipo

Será un dos alicientes da eliminatoria entre o Salamanca e o Celta, o primeiro dos equipos galegos que entra en competición na segunda rolda da Copa

G24.gal 02/12/2024 21:42

O Celta cambia o chip. Logo da decepcionante derrota na Liga no campo do Español, ponse en modo Copa. Ante o escenario de tres partidos en seis días, Claudio Giráldez pensa en xogadores mentalmente frescos. Para Salamanca, Giráldez convocou a Iago Aspas e dá descanso a Borja Iglesias, Hugo Álvarez, Marcos Alonso, Ilaix e Bamba. Agarda un campo de herba natural e un equipo histórico agora en Segunda RFEF.

No Helmántico foi onde debutou Iago Aspas co primeiro equipo. Foi un oito de xuño de 2008, formou parte do equipo titular que puxo Alejandro Menéndez e participou durante sesenta minutos. Noutras dúas ocasións visitou o campo salmantino e conseguiu marcar un gol, no empate da campaña 2010-11. Pasaron máis de dezaseis anos daquela data que quedará para a historia. Despois viñeron máis de cincocentos partidos e douscentos goles do mellor xogador da historia do Celta.

A novidade na convocatoria de Salamanca é a do regreso de Luca de La Torre. E tamén está a perla do Celta Fortuna Fer López.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos