Publicador de contidos
Publicador de contidos

Iago Aspas está no 'top ten' dos goleadores da Liga deste século

Iago Aspas está no 'top ten' dos goleadores da Liga deste século

Con 159 goles é o segundo goleador español, só superado por David Villa

G24.gal 01/10/2024 16:23 Última actualización 01/10/2024 16:35

Iago Aspas cumpre os cincocentos partidos e segue apañando minutos e goles. Cada tempada pode ser a última para o galego, pero na que estamos segue moi lonxe de perder relevancia.

Oito partidos xogados, seis de titular e 4 dos 15 tantos que leva marcados o equipo de Claudio Giráldez teñen o seu cuño. Aspas devece igual dentro ca fóra do campo, cun espírito competitivo que funciona de vitamina base para os celestes.

O de Moaña sábese xa con casa propia no andel da historia da liga española onde a día de hoxe ocupa a vixésima posición na lista de goleadores. Unha posta de privilexio na que acaba de poñerse por diante de Aduriz ou Puskas; na que asexa a dúas dianas de Luis Aragonés, a catro de Samuel Eto'o, e con futbolistas por diante que son palabras maiores: Messi, Ronaldo, Telmo Zarra...

A estatística do dez celeste aínda é moito mellor cando pechamos o foco sobre os 24 primeiros anos deste século XXI. Aspas ascende ao posto sétimo dos mellores nunha presada de futbolistas únicos e irrepetibles. Con 159 goles senta fachendoso á mesma mesa na que comparten mantela, goles e a admiración do público Leo Messi, con 472 goles; Cristiano Ronaldo 311; Benzemá, 238; Griezmann; David Villa e Luis Suárez.

Todos grandes, en equipos grandes, a mesa posta cun peixe cativo, veciño de vila pequena, asalariado en club pequecho, pero con talento a barullo como para facerse enorme a cada minuto que viste ese escudo no peito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar