Cargando resultados...
Talleres de corte de carne e peixe no mercado do Calvario en Vigo
Talleres de corte de carne e peixe no mercado do Calvario en Vigo
Os asistentes amplían coñecementos para sacarlle o máximo rendemento ao produto
G24.gal
21/11/2024 15:39
Como cortar a carne ou como despezar o peixe para aproveitalo ao máximo. Son preguntas que teñen a súa resposta nuns talleres que se organizan en Vigo. Trucos que desvelaron no mercado do Calvario.
O público asiste abraiado. Aplicando a aprendizaxe podemos converter a carne en suculentas pezas gourmet. E para os que son máis de peixe tamén se ofreceu un taller para aproveitalo e sacarlle o máximo rendemento.
Incrementar o seu consumo tamén está tras esta iniciaiva da Cámara de Comercio, que agradecen os clientes. Pois agora queda poñerse mans á obra. O importante é intentalo.