O Mercado das Flores xa está instalado en Cambados
O Mercado das Flores xa está instalado en Cambados
22 postos de flores ofrecen unha gran selección de flores nos tres días anteriores á celebración de Todos os Santos
Regresou a Cambados o Mercado das Flores. Estárá instalado na Praza de Fefiñáns nos tres días á celebración del Día de Todos os Santos, para que todas as persoas que quieiran facerse con flores para decorar os cemiterios poidan facelo coa maior comodidade posible.
Está aberto ata o día 31 de outubro con horario de 9 da mañá a nove da noite e nel pódense atopar todo tipo de flores. Son 22 os postos que ofrecen centros xa preparados e desde o primeiro día o público deixouse pasar por alí para comprar as flores coas que homenaxear os seus seres queridos. O mercado das Flores de Cambados é todo un referente na zona e para os cambadeses toda unha tradición.