Cemiterios ateigados no día de Todos os Santos
Cemiterios ateigados no día de Todos os Santos
Visitar os camposantos nestas datas é unha tradición moi arraigada no país
Hoxe, día de Todos os Santos, e mañá dous de novembro Día de Defuntos, os cemiterios están ateigados en Galicia, onde a tradición está moi arraigada. Son días de moita emoción, flores e encontros nos camposantos para lembrar os seres queridos que xa non están.
Despois de días adecentando as sepulturas, María dálle esta mañá os últimos retoques ás flores. Ten enterrados no cemiterio de San Francisco de Ourense ao seu fillo morto ao nacer e aos seus pais.
A maioría veñen acompañados, en familia. Unha homenaxe aos seres queridos que xa non están que os galegos que non os teñen preto, aproveitan esta ponte para vir. Un día de encontros cos que levan tempo sen ver e cos que xa non están. En Galicia a tradición de visitar os camposantos está moi arraigada, menos entre as novas xeracións, pero tamén.
Cada quen leva a perda, o dó como pode, María Isabel deixou a limpeza para última hora porque para ela é moita tristura, a outros reconfórtalle vir ao cemiterio a miúdo. E hai quen por problemas de mobilidade nunca pode vir pero hoxe fai o esforzo para achegarse, dinos, a quen tanto segue querendo.