Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cemiterios ateigados para acondicionar as tumbas por toda Galicia

Cemiterios ateigados para acondicionar as tumbas por toda Galicia

O tempo solleiro favoreceu a afluencia masiva aos camposantos

Crisantemos e caraveis son as flores máis demandadas 

Andrés Pavón/José Lamas 31/10/2024 20:12 Última actualización 31/10/2024 20:25

Retirar as flores vellas e deterioradas e, sobre todo, traer novas e frescas. Foi a estampa que se viviu este xoves no cemiterio de San Froilán e tamén nos de toda Galicia. A tradición de acondicionar as tumbas no día de defuntos está fondamente arraigada e todas as familias tratan de mantela e de transmitila de xeración en xeración.

"Eu levo vindo toda a vida. A ver se os novos seguen vindo".

"Vin hoxe e virei mañá e pasado. É polos meus seres queridos".

"Está ben manter esta tradición, si. Débese facer".

Crisantemos e caraveis son as flores máis habituais polo día de defuntos aínda que se poden ver de todo tipo. Os fregueses tamén se esmeran en que as tumbas estean limpas, sen herbas nin manchas na pedra. E non todo o mundo veu honrar os familiares. Tamén houbo quen quixo ter unha lembranza para amizades e persoas queridas.

"Coidei esta señora e tratoume sempre ben. Tiña que vir".

"A nosa familia coidou desta muller e hoxe viñemos arranxar a tumba".

O tempo solleiro animou a afluencia e, por momentos, a contorna do cemiterio de Lugo estivo ateigada de vehículos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos