Os cativos buscaron o cadaleito de Ravachol no cemiterio pontevedrés de Santo Amaro
Os cativos buscaron o cadaleito de Ravachol no cemiterio pontevedrés de Santo Amaro
A iniciativa do Concello "Pontevedra do Alén" achega á cidadanía a historia da cidade que atesoura o camposanto
O grupo "Polo Correo do Vento" encárgase dos percorridos
Ás portas do cemiterio de Santo Amaro, Quique e Carlos, do grupo "Polo Correo do Vento", reciben os participantes nesta visita destinada a un público infantil.
Farán un percorrido polo camposanto cunha misión polo momento descoñecida para os cativos e as súas familias.
Na busca do cadaleito do papagaio Ravachol, coñecido protagonista do Entroido pontevedrés, a ruta facía parada no panteón do que fora o seu dono, o músico e farmacéutico Perfecto Feijóo.
O Concello de Pontevedra organizou outra ruta para que os adultos se acheguen á historia deste camposanto, onde se atopa soterrados persoeiros como Alexandre Bóveda e Manuel Quiroga entre outros.