Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumenta a actividade en florerías e cemiterios a cinco días do 1 de novembro

Aumenta a actividade en florerías e cemiterios a cinco días do 1 de novembro

O próximo venres celébrase o día de Todos os Santos e o sábado o de Defuntos

Cada español gasta unha media de 40 euros en flores

G24.gal 27/10/2024 15:15

Este domingo reinaba a calma no cemiterio de Mañó en Redondela. Apenas se achegaron uns poucos veciños para adecentar as sepulturas onde están soterrados os seus familiares. Contan que non son visitantes ocasionais, que veñen a miúdo e que non queren agardar ao 1 de novembro, día de Todos os Santos."O día dos Defuntos está moi masificado e quixemos vir antes para adecentar a lápida".

"Eu veño cada oito días pero agora veño o día de Todos os Santos a preparar un pouquiño".
"A min gústame vir con tranquilidade, facer as cousas ben". Nos próximos días a actividade nas florerías e cemiterios será intensa.

O venres celébrase o día de Todos os Santos, unha festividade relixiosa moi enraizada en Galicia. A tradición manda acudir aos cemiterios para visitar as tumbas dos seres queridos e levarlles flores.

 "A limpar e a rezar pola miña nai, a parte de que rezo todas as noites pola miña nai, que é unha tradición apostólica romana". "Eu sinxelas, tres flores a cada un porque teño moita xente aquí". Segundo a Asociación Española de Floristas, as vendas para o día de Todos os Santos representan ata un 20 por cento da facturación anual.

Cada español gasta unha media de 40 euros e Galicia é a quinta comunidade na que máis se gasta, xutnto con Madrid, Cataluña, Andalucía e Valencia.

As flores que máis se ven estes días nos cemiterios son os crisantemos, os gladíolos, os lirios e os caraveis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos