"Os cemiterios son museos gratuítos ao aire libre"
"Os cemiterios son museos gratuítos ao aire libre"
Emma Pedreira pasea por 200 cemiterios galegos no libro 'As horas mortas'
A obra une patrimonio fúnebre, anécdotas curiosas, memoria oral e referencias literarias
Acompañan a autora escritores como Olga Novo, Xurxo Souto, Miriam Ferradáns ou Xesús Fraga
A escritora Emma Pedreira acaba de publicar o libro As horas mortas. Viaxes e conversas por cemiterios galegos. Baixo o selo de Baía Edicións, a obra recolle paseos por uns 200 camposantos do país en compaña de escritoras, arquiveiros, historiadoras ou enterradores.
A autora define o volume como un "artefacto" que cose realidade, fantasía, oralidade e estudos sobre o patrimonio fúnebre. Un libro de máis de 400 páxinas que recolle a memoria social, antropolóxica, histórica e artística que gardan os camposantos, como explicou na súa visita ao Diario cultural da Radio Galega.