A proximidade do Día de Defuntos dispara as vendas nas florerías
A proximidade do Día de Defuntos dispara as vendas nas florerías
Os crisantemos son as flores que máis se demandan
O Día de Defuntos está á volta da esquina e hai florerías que xa non admiten máis pedidos. Aínda que nesta celebración o que manda é a tradición, non está exenta de tendencias. A maioría van directos ao clásico, pero moitos buscan algo innovador ou distintivo.
As flores tropicais fixéronse xa un oco para os amaños destas datas pero, aquí en Galicia, sobre todo prevalece o clásico. "Eu sempre crisantemos, as propias de Defuntos".
De feito esas flores durante este mes lideran a serie de vendas nos horteiros. Luis García Calvo, nun viveiro de Lugo, di que "as vendas varían pouco de ano en ano", pero que cada temporada vende arredor de dous mil plantas de crisantemo.
Tamén caraveis, rosas, ou margaridas. "Eu sempre poño caraveis vermellos, que eran os que lle gustaban aos meus pais", di unha muller.
Medra a venda de centros florais. "É moito máis cómodo. Chegas ao cemiterio e non tes que pararte a colocar as flores", di Esther Rozas, desde unha florería.
Unha tradición nin coa que todo o mundo cumpre. "A min paréceme un desperdicio de cartos, non o fago".
Manterán o costume as novas xeracións?