Publicador de contidos
Publicador de contidos

Flores naturais e materiais sostibles póñense de moda na decoración do Nadal

Flores naturais e materiais sostibles póñense de moda na decoración do Nadal

Floristas de Ourense participan nun curso en que aprenden novas técnicas e deseños de composicións para as festas do Nadal

G24.gal 06/10/2024 21:02 Última actualización 06/10/2024 21:53

Traballan na decoración dunha típica árbore do Nadal. Pero esta é diferente. Non hai nada de plástico nin figuras artificiais de importación asiática. Aquí só empregan produtos sostibles.

Un grupo de floristas de Ourense anticípase á celebración de decembro cun curso organizado pola súa asociación para poñerse ao día nas últimas tendencias.

A creatividade é unha compoñente fundamental. Cada florista ten a súa marca persoal.

A composición colectiva na que practicaron estes días vai decorar durante as festas a sede do sector empresarial ourensán que avoga polo natural e o ecolóxico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar