Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha testemuña no xuízo de Samuel: "Estaba inconsciente e leveino á beirarrúa para que non o atropelaran"

Unha testemuña no xuízo de Samuel: "Estaba inconsciente e leveino á beirarrúa para que non o atropelaran"

Testemuñas da agresión a Samuel Luiz confirman que viron "unha persoa recibindo patadas e golpes"

G24.gal 22/10/2024 14:59

Non coñecían a vítima nin tiñan relación directa cos cinco acusados, pero estaban na zona do ataque mortal a Samuel Luiz. As testemuñas explicaron ante o tribunal o que viron aquela madrugada do 3 de xullo de 2021 no paseo marítimo coruñés. 

"Só identificamos moito ruído, que alí estaba pasando algo, pero nun momento vimos unha persoa no chan que estaba recibindo patadas e golpes", dixo un. Outro explicou: "Estabamos a dez metros e vimos unha multitude, pero nunca íamos saber que... sempre se ve algo por latricar máis que nada".

Esta quinta sesión non permitiu identificar o papel de cada acusado no ataque, pero achegou detalles relevantes, como o ruído de cristais: 

"Non vin moito porque eu uso lentes, e de festa non as levo. O que vin foi un vulto de xente, a pelexa, e escoitei botellas". "Si, unha botella, eu diría que soaba como tal", confirmou outra moza.

A última testemuña non presenciou a orixe da agresión, senón o desenlace: camiñaba dende a rúa Rubine e viu que os agresores fuxían tras deixar a Samuel inconsciente. 

"Cando me acerquei vin que estaba no chan inconsciente, e para que non o atropelaran porque estaba no medio da estrada, collino e leveino. Apoieino aí e chegaron as amigas e eu seguín. Eu tiña manchas de sangue na miña camisa ou camiseta, e leveina ao día seguinte á policía".

As testemulas coincidiron en que non presenciaron a xente que tratase de separar no que pensaron era unha "pelexa". Dixeron que viron xente "pegando".

"Ao principio había moito ruído", dixo un que estaba preto do inicio da primeira agresión para concretar logo que había "unha persoa no chan e alguén coma se estivese encima, pero non sei se había máis xente".

A presidenta do tribunal prohibiu a difusión de imaxes do cadáver de Samuel e das probas forenses para protexer a intimidade da vítima. As declaracións dos peritos están previstas a partir do 30 de outubro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade