Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ourense, camiño de converterse en zona azul do planeta

Ourense, camiño de converterse en zona azul do planeta

As zonas azuis son lugares nos que a poboación ten unha lonxevidade moi alta independentemente dos seus ingresos ou coidados sanitarios

G24.gal 22/10/2024 15:49

O estilo de vida tranquilo, sen estrés, é un dos factores claves para explicar a lonxevidade dos galegos.

Así o asegura un dos fundadores das zonas azuis, Michel Poulin.

Estes días está en Galicia para avanzar no proceso de certificación. Recollen datos de 66 concellos do interior, a maior parte da provincia de Ourense.

Laura Fernández. Veciña de Ourense que ten 102 anos: "Eu levántome sobre as dez, ando unha hora en bicicleta e axúdolle á miña filla a facer o que sexa..."

Saír facer a compra coa súa filla e tomar o café completa a rutina diaria desta veciña de Ourense que xa cumpriu os 102 anos.

 "Cando camiñas por Ourense ou polo pobos hai moita tranquilidade, case non hai estrés, que é o principal problema da sociedade hoxe en día", comenta Michel Poulain, fundador das Zonas Azuis de Lonxevidade no Planeta.

O estilo de vida, unha alimentación natural, a actividade física ou as relacións sociais están detrás desta lonxevidade. Ademais de entrevistas a centenarios, neste intre os investigadores están a recoller datos de 66 concellos, todos ourensáns agás 6 de Pontevedra e 3 de Lugo.

Se os datos o confirman, Galicia podería converterse na sexta zona azul do planeta pola súa lonxevidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos