Publicador de contidos
Publicador de contidos

A avoa do concello de Pol fixo 105 anos

A avoa do concello de Pol fixo 105 anos

María Antonia López, veciña do lugar de Baílle, le todos os días e goza de boa saúde

María Antonia coa súa tarta de aniversario
Félix Aragunde 11/07/2024 19:59 Última actualización 11/07/2024 20:22

A avoa do concello lucense de Pol acaba de facer nada menos que 105 anos. Esta muller centenaria, María Antonia López, naceu na parroquia polense de Cirio en 1919, e reside cos seus dous fillos máis novos en Baílle, na parroquia de Suegos.

María Antonia tivo a enorme fortuna de poder celebrar o seu centésimo quinto aniversario rodeada dos seus. Segundo a súa familia, os achaques da idade non lle impiden conservar unha boa memoria e unha saúde de ferro.

Jesús Trigo López, fillo de María Antonia: "A saúde é boa. Inda hai pouco que fixo unha analítica xeral, e deulle ben en todos os apartados".

María Antonia le o xornal todos os días, comezando polas esquelas. Agora que ten a mobilidade reducida, di botar de menos as tarefas que lle gustaba facer cando era nova.

Sebastián Trigo López, fillo de María Antonia: "Labores do campo, co gando e as hortalizas, facer a comida, sobre todo cando había festas e invitados".

María Antonia López, fixo 105 anos: "Que me gustaba máis? Pois o campo, a cociña e mais a costura".

Aos seus 105 anos acabados de facer, a veciña máis lonxeva de Pol ten tres fillos, dous netos e tres bisnetos, que a acompañaron na súa festa de aniversario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos