Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia, entre as zonas do mundo con máis esperanza de vida

Galicia, entre as zonas do mundo con máis esperanza de vida

Hai máis de dous mil centenarios e comarcas que multiplican por cinco os datos da illa xaponesa de Okinawa

G24.gal 04/06/2024 14:49

Galicia está entre as rexións do mundo cunha esperanza de vida máis longa, e con máis centenarios. Agora mesmo hai máis de dous mil e hai comarcas que multiplican por cinco os datos do referente mundial en lonxevidade, que é a illa de Okinawa, no Xapón. Moitos deles, como Olga Macías, que hoxe chega aos 105, teñen unha calidade de vida digna de envexa.

Chegou á residencia o 1 de marzo de 1993 e xa se fixo máis veterana que a maioría do persoal que traballa alí. O seu fillo relata que aínda agora lle rifa cando a vai visitar os domingos, que ten carácter, o que seguro a axudou a sacar adiante sete fillos tras quedar viúva con só 47 anos. Bordaba as capas dos curas e os enxovais das vodas, sen renunciar nin ao doce nin ao salgado.

A súa neta Mónica, que a visita a diario, di que cada día está mellor, que non ten nin unha engurra, que lle gusta o xamón e os churros e que está feliz.

A conselleira de Familia, Fabiola García, acudiu a felicitala na residencia pública de Campolongo, en Pontevedra, e subliñou que Galicia é un dos mellores lugares do mundo para facerse maior, e destacou a investigacións de profesores como Michel Poulain, da Universidade de Lobaina, promotor das Blue Zones, que se caracterizan polo alto índice lonxevidade. 

Expertos coma el investigan un estilo de vida que pode poñer a Galicia no posto número seis entre as zonas máis lonxevas do mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos