Bota a andar en Verín o novo centro de urxencias e PAC que dará servizo a máis de 40.000 doentes
Bota a andar en Verín o novo centro de urxencias e PAC que dará servizo a máis de 40.000 doentes
Alfonso Rueda dixo que a Xunta seguirá reforzando os hospitais comarcais de Galicia
Este xoves botan a andar as novas instalacións de urxencias e do PAC no hospital de Verín. O presidente da Xunta inaugurou o novo edificiou e reafirmou o compromiso do Goberno galego cos hospitais comarcais.
"270 millóns para mellorar os centros de saúde e hospitais da nosa comunidade, deles 14 serán para mellorar o equipamento dos hospitais comarcais. O modelo de hospitais comarcais, se queremos apostar por eles, e é o que estamos facendo, hai que prover as prazas de difícil cobertura, que está funcionando, hai unha diferenza grande entre a situación de hai dous anos e a que temos agora, sabendo que aínda queda un percorrido por facer", explicou Alfonso Rueda
As novas instalacións darán servizo a máis de 40.000 doentes da contorna de Verín.