Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dúas testemuñas da morte de Samuel dan versións enfrontadas sobre o papel dun terceiro agresor

Dúas testemuñas da morte de Samuel dan versións enfrontadas sobre o papel dun terceiro agresor

Testemuñas do crime vinculan dous acusados coa agresión e un terceiro tratando de dar unha patada

Declaran testemuñas nunha nova xornada do xuízo pola morte de Samuel (Luiz EFE/Cabalar)
G24.gal 21/10/2024 14:51

Pola sala da Audiencia Provincial da Coruña pasaron esta mañá varios amigos dos investigados, testemuñas do asasinato de Samuel. O primeiro deles sinalou os dous mozos que iniciaron a agresión, e incriminou un terceiro que se sumou despois, coa intención de darlle unha patada. 

"Intentei separar a D. e botalo para atrás, e cando mirei vin a Yumba con Samuel, tíñao agarrado no chan. K. viña cargando a perna para darlle unha patada", dixo.

Esta versión non coincide coa da exmoza deste investigado, que o exculpa de todas as acusacións, incluído o roubo do móbil da vítima. 

"K. intentou separalos". "Lanzou unha patada?", preguntoulle a fiscal. "Non". "Viu se collía un teléfono?", "Non", respondeu.

Sobre o papel da única muller acusada, a testemuña dixo que recriminou a súa parella pola agresión. Todos os comparecentes recoñeceron que non auxiliaron a Samuel malia velo inconsciente. 

"Había un círculo de xente encantada mirando o que estaba pasando", sinalou o amigo dun dos acusados. "Non podes saber que... non sei, é algo que me vai acompañar para sempre, esa decisión", recoñeceu outro. "Non che sei dicir, marchamos todos", respondeu a exmoza dun dos imputados polo asasinato do enfermeiro coruñés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade