Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nun mes duplicáronse as infeccións respiratorias, sendo a gripe a de maior incidencia

Nun mes duplicáronse as infeccións respiratorias, sendo a gripe a de maior incidencia

A incidencia dos virus respiratorios pasou de 252 casos por 100.000 habitantes a 513

Ante o aumento da incidencia dos virus respiratorios, Sanidade estuda implantar de novo a máscara nos centros médicos
 

G24.gal 21/10/2024 14:46

Tose, mocos e febre son os síntomas máis comúns das infeccións respiratorias, que este outono chegaron con forza aos fogares galegos.

 "Desde o covid non tiven unha gripe tan forte", di unha muller.

Precisamente de gripe común son a maioría dos casos que se ven estes días nos centros de saúde. 

"Teño o meu fllo con catarro de nariz"; conta unha muller, e outra di que "Algún xa tivemos pero xa o demos quitado".

Nun mes a incidencia destes virus duplicouse, pasouse de 252 casos por 100.000 habitantes a 513.
 

"Eu voume vacinar de gripe e de todo", asegura unha muller.
 

Aquí, en Galicia, xa hai semanas que se está vacinando, pero os virus cada vez adiántanse máis. 
 

"Aínda que a vacina provoca inmunidade en pouco tempo non é o suficiente para que se hai un pico epidémico poda collelos protexidos", explica Lorenzo Armenteros, presidente do Colexio de Médicos de Lugo.
 

Os que se reduciron foron os casos do virus respiratorio sincipital, o causante das bronquiolites. Unha enfermidade que antes da vacina provocaba un milleiro de ingresos.
 

"Un nivel de inmunización e protección nos nenos moi alto, este virus en lactantes era moi grave incluso mortal", engade o doutor Armenteros.
 

Ante o aumento da incidencia dos virus respiratorios, Sanidade estuda implantar de novo a máscara nos centros médicos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade