O sector da imaxe persoal reclama diante do Ministerio de Facenda unha rebaixa do IVE
O sector da imaxe persoal reclama diante do Ministerio de Facenda unha rebaixa do IVE
Os negocios calculan unhas perdas de máis dun 20 % na facturación en tres anos
Din que o seu traballo é esencial, como se demostrou durante a pandemia. Pero o sector da imaxe persoal segue pagando un IVE do 21 %.
"Queremos que nos escoiten. Non pedimos axudas. Só a restitución do noso IVE", explica Ángeles Salgueiro, portavoz do colectivo.
Profesionais de salóns de peiteado, barberías de centros de estética volveron unirse en Madrid para levar as súas demandas ante o Ministerio de Facenda. Entre eles unha representación do sector en Galicia.
"Tal e como está o país non podemos subir os custes para poder pagar o trimestre".
Desde o sector botan contas. Din que os negocios están nunha situación delicada cunha baixada na facturación de máis dun 20 % en tres anos.
"Con todos os gastos que temos, non nos da para vivir".
E din que a rebaixa do IVE permitiría manter empregos e dinamizar un sector clave da economía española.