Reducir a presión fiscal, por Venancio Salcines
OPINIÓN
Reducir a presión fiscal, por Venancio Salcines
O Goberno decide desfacer as medidas antiinflación, esencialmente reincorporar o Imposto sobre o Valor Engadido, o IVE, de determinados alimentos. Aquí temos diferentes lecturas; se a ollada se pon sobre a inflación, o certo é que esta xa está aparentemente baixo control e polo tanto parece razoable que estas medidas extraordinarias, como o IVE do aceite, volvan pouco a pouco á normalidade. Pero a ollada tamén pode ir sobre a presión fiscal.
Debemos recordar que a inflación elevou os nosos salarios pero non a nosa capacidade de compra e que esas subas implicaron a aplicación de tipos progresivos mais altos. É dicir, moitos españois viron como coa mesma capacidade de compra estaban a pagar mais impostos, reducíase a capacidade de compra. A mostra é que a presión fiscal subía e que a recadación crecía por enriba de estimado.
É razoable que o IVE vaia volvendo á normalidade pero tamén é igualmente razoable que a presión fiscal empece a moderarse ou reducirse. Unha visión xusta de medida sería unha actuación dobre: actualización do IVE e unha rebaixa da presión fiscal. Por onde? É un tema por decidir, pero sexa a que sexa, que impacte nos mais necesitados e na clase media, a que un día foi inmensa e cada día é mais pequena.