Publicador de contidos
Publicador de contidos

A afección de Balaídos recuperou o sentimento celeste de hai décadas

A afección de Balaídos recuperou o sentimento celeste de hai décadas

Balaídos asistiu á mellor entrada da temporada, con case 25.000 espectadores

Foto EFE
G24.gal 21/10/2024 15:42 Última actualización 21/10/2024 15:54

Estaban en Balaídos 24.400 afeccionados, rozando o cheo ante o Real Madrid. A mellor entrada desde a temporada 2015/16 no estadio vigués, que este ano está alcanzando unha media de 22.500 espectadores malia algúns horarios intempestivos. Un rexurdir de sentimento celeste, que, cifras á marxe, evidencia que este Celta de Giráldez ten namorada á afección, como reza o himno. Tanto cando hai acerto coma cando falta, axudando a levantarse cando o rival golpea... a bancada celeste alenta aos seus nunha comuñón que poucos lembran. Escóitanse máis folgos que críticas cando se erra, e iso ás veces tamén axuda a que os protagonistas se rediman.

O equipo respondeu ao apoio da bancada demostrando ter recursos malia a ausencia de Aspas. A baixa do capitán non foi un drama coma en anos anteriores. Pero si acabou sendo dramática a finalización. De nada lle serviu ao Celta ser o equipo que máis fixo intervir a Courtois e o que menos deixou tirar ao Real Madrid. Os brancos, con tres tiros a porta, meteron dous goles. Os vigueses dispararon 13, 10 dende dentro da área e 5 entre os tres paus, pero só puideron marcar un gol, malia rozar o empate no último alento. O conxunto celeste disparo 13 veces, 10 delas dende dentro da área e 5 entre os tres paus, pero só puido marcar un gol. Pola contra o cadro branco tivo 10 ocasións, tres a porta e meteu dous tantos.

Aparte de mellorar defensivamente o Celta leva sete xornadas nas que dispara máis que o seu rival, a excepción das Palmas, onde xogou con dous homes menos. Uns números que perden importancia ante a valía dos puntos en xogo. O Celta tirou de retranca na previa, lembrando a Intertoto, e de coraxe no céspede.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar