Publicador de contidos
Publicador de contidos

Luca de la Torre avanza na súa recuperación e xa traballa co grupo

Luca de la Torre avanza na súa recuperación e xa traballa co grupo

É o único futbolista do Celta que aínda non tivo minutos na Liga

G24.gal 12/11/2024 16:11 Última actualización 12/11/2024 16:16

O internacional estadounidense Luca de la Torre, único futbolista do Celta que aínda non tivo minutos na Liga, deu un novo paso na súa recuperación e este martes xa traballou co grupo na cidade deportiva.

O centrocampista sufriu a mediados de setembro unha lesión no nocello dereito e desde entón estivo realizando traballo individual cos recuperadores. Na sesión desta mañá exercitouse ao mesmo ritmo que os seus compañeiros, polo que podería estar a disposición de Claudio Giráldez para o próximo compromiso ligueiro contra o F. C. Barcelona, o próximo 23 de novembro.

Á marxe dos seus compañeiros exercitouse o lateral Sergio Carreira, que sufriu unha escordadura de nocello no partido de Copa do Rei contra o UDE San Pedro.

Ademais, o brasileiro Jailson Marques segue co seu proceso de recuperación no ximnasio. A súa volta, tras sufrir un arrancamento do tendón adutor, non se espera ata o mes de decembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade