Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sotelo está "contento e orgulloso" pola súa convocatoria coa sub-21

Sotelo está "contento e orgulloso" pola súa convocatoria coa sub-21

É a primeira convocatoria internacional do Celta

Foto @RCCelta
G24.gal 08/11/2024 15:23 Última actualización 08/11/2024 15:29

O centrocampista do Celta, Hugo Sotelo, recibiu "con orgullo" a chamada da selección española sub-21, a primeira para un xogador que nunca fora citado tampouco polas categorías inferiores.

"Nunca me chamaban, é algo que tiña pendente e estou moi contento", sinalou aos medios do club.

O vigués compartiu como se decatou da noticia, que lle transmitiu o seu adestrador:

"Estaba a tirar uns tiros cos meus compañeiros, veu Claudio, deume a man e felicitoume. Díxenlle que se polo partido que fixen o outro día ou non sei, e díxome que non, que me acababan de chamar da sub-21", relataba.

Sotelo ve esta chamada como un premio ao traballo que leva facendo e, á vez, sente "orgullo de representar a España, sobre todo cos momentos difíciles que acaban de pasar fai non moito", en referencia á traxedia e a dana en Valencia.

"É un orgullo e a por todo", engade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade