Publicador de contidos
Publicador de contidos

Swedberg: "Eu só quería quedarme no Celta, non estaba a pensar en marchar"

Swedberg: "Eu só quería quedarme no Celta, non estaba a pensar en marchar"

O internacional sub-21 sueco ten claro que o seu equipo necesitará estar “ao cen por cento” para puntuar ante o Barça

G24.gal 13/11/2024 15:13 Última actualización 13/11/2024 15:21

O dianteiro sueco Williot Swedberg eloxiou este mércores o novo F. C. Barcelona de Hansi Flick, do que destacou a súa capacidade para provocar foses de xogo nos seus rivais.

“É un equipazo. Fano moi ben –tirar o fóra de xogo-, pero se nós facemos un bo timming podemos crearlle moito perigo. Na nosa casa sempre podemos gañar independentemente do rival”, declarou o futbolista do Celta.

O internacional sub-21 sueco ten claro que o seu equipo necesitará estar “ao cento por cento” para puntuar ante o conxunto azulgrá, que ten a dúbida para este partido de Laminar Yamal.

“É moi bo xogador, a min non me gusta que haxa xogadores lesionados”, declarou Swedberg ao ser cuestionado pola posible ausencia do internacional español.

A nivel persoal, dixo estar contento cos minutos que está a ter, aínda que el quere “xogar máis e máis” e para iso está a traballar.

Sobre os bombazos que dixo Garcés que houbera por xogadores celestes no verán, foi claro.

"Eu só quería quedar no Celta, non estaba a pensar en iso..., a verdade".

"Levo tempo aquí. Coñezo a cidade. Oxalá sexan máis anos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade