Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta amplía dúas semanas o prazo de negociación para a compra do Paços de Ferreira

O Celta amplía dúas semanas o prazo de negociación para a compra do Paços de Ferreira

O conxunto vigués, xunto a Independente do Valle, están preto de adquirir o 80 % do club portugués

G24.gal 07/11/2024 15:19 Última actualización 07/11/2024 15:30

A directiva do Paços de Ferreira informou os seus socios este xoves que se prolongarán durante outros 15 días as negociacións co consorcio formado polo Real Club Celta e polo club colombiano Independente do Valle, que pretenden adquirir o 80 % do club portugués, segundo informa o diario Récord.

O presidente Paulo Meneses explicou que aínda quedan unhas premisas que concretar para pechar o acordo. Durante o pasado mes de setembro o propio Meneses explicou que as negociacións estaban nun “estado bastante avanzado”, por iso esperábase que o anuncio previsto para este xoves fose que se alcanzou un acordo.

Nunha comparecencia realizada pola presidenta do Celta, Marián Mouriño, tamén no mes de setembro, foi preguntado por este asunto, algo que a incomodou bastante. 

"Cremos que para a captación e formación de xogadores temos que ter alianzas e acordos con outros clubs. Estamos a traballar niso e con conversacións, pero nada máis".

Preguntada pola porcentaxe da participación neste club ou a natureza do acordo, limitouse a sinalar que “non falou de porcentaxe".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar