Publicador de contidos
Publicador de contidos

Furor na Coruña por aprender chinés

Furor na Coruña por aprender chinés

Os profesores calculan que para acadar un dominio intermedio do idioma se requiren seis anos

G24.gal 21/10/2024 14:40

Entramos nunha clase con nove dos cincuenta alumnos que este ano se apuntaron ao curso de iniciación de chinés. Comezaron as clases a mediados do mes de setembro, pero algúns xa se atreven a falar o que aprenderon.

"Este ano houbo un rexurdir do chinés. Houbo un grupiño dun nivel máis alto que tivemos que pechar porque había pouca xente e aproveitamos", explica Miriam Rodríguez, profesora.

A gramática vana aprendendo sen complicacións, pero din que lle toca pelexar cos símbolos e coa pronunciación.

"Os caracteres, porque é complicado asocialos a unha palabra". "É moi chachi, para min os máis complicado son as erres", din os alumnos.

Todos explican que decidiron acudir a estas clases porque lles gustan os idiomas. Pero teñen tamén outros motivos.

"Porque me chama bastante a atención a cultura chinesa e tiña interese en aprender".

Con todo a súa profesora di que progresan adecuadamente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade