Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Festival de Xardíns de Allariz inspírase nesta edición no mundo da arte

O Festival de Xardíns de Allariz inspírase nesta edición no mundo da arte

A edición número 14, aberta ata outubro, ofrece obras creadas con obras de Van Gogh, Monet, Maruja Mallo ou Agustín Ibarrola, entre outros

G24.gal 12/05/2024 17:41

En Allariz acaba de abrir as súas portas unha nova edición do Festival Internacional de Xardíns, que se centra, desta volta, no mundo da arte.

Creacións paisaxísticas inspiradas na obra de Van Gogh, Monet, Maruja Mallo ou Agustín Ibarrola, entre outros.

Unha achega a correntes artísticas como o pop art, o cubismo ou o impresionismo a través de elementos naturais.

Son 9 os xardíns que entran a concurso, 12 en total os que se poden visitar ata finais de outubro. Cada ano máis de 40.000 persoas achéganse a coñecer as propostas deste festival que xa vai pola edición número14.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar