Publicador de contidos
Publicador de contidos

O outono tingue as Fragas do Eume de tonalidades ocres e castañas

O outono tingue as Fragas do Eume de tonalidades ocres e castañas

Este espazo natural é un dos bosques atlánticos de ribeira mellor conservados de Europa

G24.gal 03/11/2024 21:41

O parque natural das Fragas do Eume é quizais un dos espazos de biodiversidade máis coñecidos de Galicia, unha mostra impoñente de bosque atlántico que se tingue de fermosas tonalidades ocres e castañas durante os meses do outono. 

As fragas son xenerosas coas tonalidades verdes. Carballos, bidueiros, acivros, castiñeiros, ameneiros... forman un manto vexetal espeso e heteroxéneo que, co outono, incorpora novas cores.

Cada estación ofrece un paseo distinto por este bosque atlántico de ribeira, un dos mellor conservados de Europa. A luz chega velada pola frondosidade. Perduran, protexidas, a humidade, a frescura e, sobre todo, a vida. Aquí conviven máis de duascentas especies de aves, medio cento de mamíferos, especies endémicas de invertebrados. Unha biodiversidade única para descubrir camiñando a paso vagaroso.

O bosque exuberante segue o curso do río Eume, que busca a proximidade do mar para facerse ría.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar