Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta impulsa un plan para coidar e potenciar os Penedos de Pasarela e Traba

A Xunta impulsa un plan para coidar e potenciar os Penedos de Pasarela e Traba

O Goberno galego destina 600.000 euros para a para sinalizar, ordenar e promover este espazo natural

Alfonso Rueda avogou por potenciar en Galicia o turismo sostible

O enclave, nos concellos de Laxe e Vimianzo, ofrece unha das mellores vistas da Costa da Morte

G24.gal 13/11/2024 14:32

O Parque Natural dos Penedos de Pasarela e Traba é un espazo natural protexido que comparten os concellos de Vimianzo e Laxe. A Xunta impulsa un plan para coidalo e potencialo.

"Hoxe mesmo públicase no DOG o plan de xestión, que é tanto como dicir que vai ter unha planificación con dotación orzamentaria, ao redor de 600.000 euros, para sinalizado, ordenalo e promocionalo", asegura o presidente da Xunta.

O presidente da Xunta percorreu parte dos sendeiros deste espazo natural. Alfonso Rueda avogou por potenciar en Galicia o turismo sostible.

"O turismo que buscamos en Galicia, turismo sostible, turismo de paisaxe, respectuoso co medio ambiente, pero sacar partido tamén das marabillas que temos ás veces un pouco descoñecidas".

Ademais das formacións rochosas, o parque conta tamén cunha gran variedade de flora formada por especies consideradas de interese comunitario pola Unión Europea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar