Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mos celebra a Festa da Rosa con cambio de localización

Mos celebra a Festa da Rosa con cambio de localización

Prémianse flores por parroquia e hai un premio para as mellores de Mos

G24.gal 13/06/2024 13:43

Cincuenta anos fai xa unha das festas galegas dedicada a unha flor. A festa da rosa en que se premian as mellores flores por parroquia e tamén as mellores de Mos.

Valórase a súa cor, a orixinalidade, a saúde, a durabilidade e tamén o arrecendo. Na festa tamén se degusta empanada de millo ou polbo. Por vez primeira a festa cambiou de localización e pasou da praza do concello en Petelos ao recinto do Pazo de Mos. Algo que xerou malestar nos veciños de Petelos, que se consideran creadores da festa e que organizaron un acto lúdico reivindicativo en que non faltaron rosas, empanadas e lanzamento de pétalos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos