Publicador de contidos
Publicador de contidos

A tubaxe extractora da cociña dun bar de tapas crea unha polémica entre familiares

A tubaxe extractora da cociña dun bar de tapas crea unha polémica entre familiares

Un matrimonio de Sanxenxo denuncia a situación de ruídos e malos cheiros que provoca

G24.gal 18/06/2024 14:03

Ser familiares directos non evitou que Susana e o seu marido, que viven na rúa Méndez Núñez de Portonovo, tiveran problemas co propietario do bar O Burás, situado dende hai máis de 30 anos xusto debaixo da súa vivenda.

O extractor da cociña do coñecido bar de tapas da parte vella da localidade está a causar unha polémica entre familiares e algún que outro veciño da zona. O matrimonio que vive enriba do local denuncia que os ruídos e os cheiros que teñen que aturar na súa vivenda son insoportables.

Un tribunal deulles a razón aos denunciantes en xaneiro e declararon ilegal a tubaxe extractora e ordenaron a súa demolición, pero polo momento non se fixo efectiva. 

O propietario do bar asegura que vai acatar a sentenza, como non pode ser doutro xeito, e substituirá o polémico elemento por un sistema alternativo que xa ten practicamente listo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade