Veciños da parroquia luguesa de Bocamaos reclaman os servizos de traída de augas e sumidoiros
Veciños da parroquia luguesa de Bocamaos reclaman os servizos de traída de augas e sumidoiros
Menos da metade das casas da parroquia teñen acceso a auga municipal
A parroquia carece de rede de sumidoiros e levan 25 anos reclamando estes servizos
Os veciños da parroquia de Bocamaos reclaman ao concello de Lugo que dote esta zona rural de abastecemento de auga e de sumidoiros. Apenas unas vinte casas dispoñen do servizo da traída municipal. Canto á rede de saneamento, ningunha das vivendas da parroquia conta con este servizo e dependen dos seus propios pozos negros.
Hai máis de 25 anos que os veciños desta parroquia reclaman ao Concello que os dote dos servizos de abastecemento de auga e saneamento. Ángel Ferreiros, presidente da asociación de veciños de Bocamao di que "van case trinta anos que nos levan dicindo que a van traer. A auga trouxérona en parte. O alcantarillado nada. Só promesas".
Algunhas, apenas unha vintena, das cincuenta casas da parroquia teñen acceso á traída municipal. O resto depende dos seus pozos. "Coma é posible que no século XXI, cando son servizos básicos. Temos auga do pozo pero temos que analizala cada pouco e todos estamos comprobando que comezan a detectarse a presenza de bacterias en todos os pozos", comenta unha veciña da parroquia.
Pero ningunha delas dispón de acceso á rede de sumidoiros e dependen das súas fosas sépticas. "Estamos a sete quilómetros de Lugo. Hai outras parroquias máis lonxe que teñen os servizos", di Ángel Ferreiros.
Din os veciños que moitas das fosas sépticas están anticuadas e advirten que o seu estado deteriorado pode repercutir en filtracións ao río Miño.