Alerta no barrio coruñés da Falperra pola presenza dun carteirista
Alerta no barrio coruñés da Falperra pola presenza dun carteirista
Falan dun home duns trinta anos que actúa ao descoido e sen empregar violencia
As vítimas son, sobre todo, persoas maiores
Hai uns cinco meses que o barrio coruñés da Falperra é frecuentado por unha persoa non grata.
"Antes viña polas mañás, pero agora xa vén pola mañá e pola tarde. Está constantemente por todo o barrio", explica Jaime Suárez, o presidente da asociación de veciños da Falperra.
E de tanto visitalo, moitos xa o coñecen.
"É un mozo duns trinta anos, baixo, moreno...", explica un veciño.
E saben tamén das súas intencións...
"Vai atrás das mulleres maiores e róuballes a carteira...". "Á doutora roubáronlla", afirma outro.
Pero non só lles rouba carteiras aos maiores...
"A min, ao saír do supermercado, fun meter as bolsas no coche e notei algo... Mirei e xa o vin coa carteira na man", explica un veciño de mediana idade.
Contan que sempre actúa ao descoido, sen empregar violencia, e que cando se decata de que alguén o viu...
"Tira a carteira e fai como que te caeu e que cha quere dar". "Xa non son os cartos... é toda a documentación...".
Por iso queren que se incremente a vixilancia no barrio.