O mal estado dun beiril dun colexio de Lugo converte a beirarrúa nun regato os días de chuvia
O mal estado dun beiril dun colexio de Lugo converte a beirarrúa nun regato os días de chuvia
A auga fíltrase polos buratos que fixo o óxido na estrutura
Os veciños piden a retirada do beiril
A gran cornixa metálica do antigo edificio do Sagrado Corazón en Lugo trae de cabeza os veciños. Está completamente oxidada e polos buratos cae unha cantidade de auga tan grande os días de chuvia que non se pode camiñar pola beirarrúa sen acabar empapado.
Non se poden chamar goteiras. Case poderiamos denominar pequenos regatos o que cae dende o beiril do antigo edificio do Colexio Sagrado Corazón os días de chuvia. O óxido foi formando buratos na chapa da estrutura.
O estado da estrutura en si tamén é motivo de preocupación. Os veciños reclaman a retirada do beiril. Abanca, propietaria do edificio, acaba de confirmarlles que o Concello de Lugo deu xa licenza para facelo. Queda agora por ver cando.