O atraso do Alvia Vigo-Madrid afecta a Rueda, que critica a Puente por "sacar peito"
O atraso do Alvia Vigo-Madrid afecta a Rueda, que critica a Puente por "sacar peito"
A necesidade de poñer un autobús para os viaxeiros de Vigo e unha incidencia técnica provocaron que o tren saíse dúas horas tarde de Ourense, onde subiu o presidente da Xunta
O Congreso reproba a Puente polos atrasos ferroviarios cos votos de PP, ERC e Junts
A viaxe en Alvia entre Vigo e Madrid prevista para esta tarde foi unha odisea para os pasaxeiros e afectou tamén ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que recriminou o ministro de Transporte, Óscar Puente, nas súas redes sociais por "sacar peito" horas antes cun chío sobre a Alta Velocidade en Galicia.
O tren tiña que partir ás 13:20 horas da estación de Urzaiz, en Vigo, pero foi cancelado. Ese foi o primeiro contratempo.
Segundo informaron fontes de Renfe, esa cancelación produciuse como consecuencia da viaxe previa do mesmo Alvia cara a Galicia.
Por unha incidencia puntual operativa, o Madrid-Vigo de primeira hora da mañá saíu con demora e para evitar que afectase a outros servizos durante o día, a rotación dese tren realizouse na estación de Ourense.
Iso supuxo que aos viaxeiros que partían de Vigo no tren do traxecto contrario (Vigo-Madrid) se lles ofrecese o traslado en bus ata Ourense para proseguir viaxe desde alí en ferrocarril.
A ese tren incorporouse tamén o presidente da Xunta -para acudir a unha conferencia na Universidade en Madrid- tras realizar nun Avant o traxecto entre Santiago e Ourense.
O convoi partiu de Ourense cunha hora de atraso e con novos problemas, tal e como apuntou o dirixente autonómico nas súas redes sociais, onde replicou unha mensaxe previa de Óscar Puente.
O ministro presumía dun titular do Faro de Vigo sobre a Alta Velocidade Galega: "Pronto haberá aquelarre no parlamento Galego e volveranme reprobar en xusta retribución. 'Renfe suma dous AVE máis a Vigo e reduce a viaxe con Madrid por baixo das 4 horas por primeira vez na historia'".
Pronto habrá akelarre en el parlamento Gallego y me volverán a reprobar en justa retribución. “Renfe suma dos AVE más a Vigo y reduce el viaje con Madrid por debajo de las 4 horas por primera vez en la historia”. https://t.co/XsE8hr3rAg a través de @Farodevigo
— Oscar Puente (@oscar_puente_) October 17, 2024
Rueda contestou a Puente: "Ler o ministro sacar peito mentres decenas de persoas collemos un tren en Ourense cunha hora de atraso. Saímos e tras media hora parados nunha ponte volvemos cara a Ourense por avaría. E sen máis información. Esta é a tónica habitual: suma e segue. Moi ben, ministro".
Leer al ministro sacar pecho mientras decenas de personas cogemos un tren en Ourense con una hora de retraso. Salimos y tras media hora parados en un puente volvemos hacia Ourense por avería. Y sin más información.
Esta es la tónica habitual: suma y sigue. Muy bien, ministro https://t.co/cIVHIIyXrm pic.twitter.com/h0wtzuDOxu
— Alfonso Rueda (@AlfonsoRuedaGal) October 17, 2024
O tren no que ía Rueda, segundo explican fontes da Xunta, quedou parado nunha ponte tras circular uns cinco minutos. Nese caso, apunta Renfe, debeuse a unha incidencia técnica.
Despois de media hora, volveron á estación ourensá para cambiar de tren e saíron cara a Madrid cara ás 17:25 horas, cunha demora de 160 minutos.
Renfe pediu desculpas aos viaxeiros e sinala que os foi informando polas canles establecidas, á vez que lles lembra o compromiso de puntualidade da compañía.
Pola súa banda, Rueda pediu desculpas aos alumnos de ICADE e á Universidade de Comillas por non poder chegar á conferencia 'El Estilo Galicia como modelo político', que ía pronunciar ás 19 horas na súa Facultade de Dereito, e prometeulles buscar unha "nova data para conversar".