Cargando resultados...
En 2025 haberá unha suba nas pólizas dos seguros privados de saúde
En 2025 haberá unha suba nas pólizas dos seguros privados de saúde
O aumento atribúese á alta demanda e a sinestralidade
Os consumidores quéixanse das constantes subas de todos os seguros
G24.gal
20/11/2024 14:55
As pólizas dos seguros privados se saúde vanse incrementar o vindeiro ano. Estímase que subirán entre un 20 e un 25 %, a maior suba nunha década. O aumento atribúese a alta demanda e a sinistralidade.
Sexan obrigatorios ou de libre elección, o custe dos diversos seguros suman un importante gasto para as familias.
Entre os clientes todos se queixan de que as primas soben cada ano. Cada seguro ten particularidades, pero en todos hai un factor común, a inflación.
As compañías deben avisar da suba cun mínimo de dous meses de antelación e se os clientes non queren renovar deben comunicalo un mes antes do fin do contrato.