Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os veciños da zona cero da DINA perderon practicamente todos os seus coches

Os veciños da zona cero da DINA perderon practicamente todos os seus coches

137.600 coches foron arrasados pola auga

Na vila de Paiporta máis do 95 % dos vehículos están inoperativos

G24.gal 20/11/2024 14:45

A zona cero da DINA quedou practicamente sen parque móbil. 137.600 coches foron arrasados pola auga, segundo datos da Consellería de Industria valenciana. É o equivalente ao parque móbil dunha cidade como Bilbao. En Paiporta, o epicentro da catástrofe, non quedou practicamente ningún coche. Segundo anunciou a súa alcaldesa, máis do 95 % están inoperativos.

A patronal, Faconauto, calcula que 40 concesionarios de coches foron afectados polas riadas e calculan perdas de 490 millóns de euros. A demanda de coches usados aumentou un 67 %. Iso fai que sexa case imposible mercar un vehículo neste momento.

Os máis afortunados tiran de coches prestados para poder moverse estes días polas zonas afectadas. Hai predios cheos de vehículos convertidos en chatarra. E na rúa, mestúranse os que funcionan e os que agardan polo seguro para ser reparados, en talleres, saturados. Os propietarios avisan con notas en cristais ou nos cadros de instrumentos para que o guindastre non os leven aos improvisados talleres de despezamento.

Cos prezos dos coches de segunda man disparados e pouca oferta, os afectados din que hai outro problema, onde deixalos. No pobo aínda non poden meter coches polas máquinas e os garaxes seguen inutilizados. Din que "teñen medo de aparcalos en calquera lado e haxa roubos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade