Publicador de contidos
Publicador de contidos

O vídeo mellorado do crime de Samuel Luiz implica os 5 acusados e desmente versións

O vídeo mellorado do crime de Samuel Luiz implica os 5 acusados e desmente versións

Un policía, atendendo ás imaxes, conclúe que "todos" os acusados estiveron no "núcleo da agresión": "Van todos detrás"

EFE 31/10/2024 16:00

O vídeo mellorado do crime de Samuel Luiz implica os cinco acusados no proceso e desmente as versións de varios deles sobre o sucedido aquela noite, segundos e puido ver este xoves durante o xuízo na sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña acolleu unha nova sesión do proceso.

Un axente da Policía Nacional que recompilou as dilixencias repasou ante o xurado popular o vídeo da noite do crime, que non se viu ata o de agora no xuízo máis que en fotogramas e agora chega nunha versión coas imaxes melloradas para alcanzar máis nitidez.

Nas imaxes vese ao principio do ocorrido o principal acusado, D. M., quen sobe "sen dificultade" -a súa defensa alega consumo de alcol- ao momento onde estaba Samuel Luiz e despois vai A. F., que o derruba.

O axente mostrou as imaxes en que se ve a continuación a entón noiva do primeiro e tamén acusada, C. S., que empuxou unha amiga da vítima para evitar a súa defensa -negado por ela- e tamén na gravación vese a K. A. S. que "levanta a perna, acomódase e lanza unha patada con moita forza" -a tese da súa defensa é que nunca bateu na vítima-.

Sobre o papel de A. M. -que cando declarou desvinculouse do sucedido-, detallou que "entra no núcleo da agresión e sae disparado cara á esquerda" e, tras o primeiro ataque, é el "a persoa que empeza a persecución" a Samuel, a quen "segue D. M. e A. F. un pouquiño máis atrasados", ambos por diante de K. A. S.

"En ningún momento vexo que ninguén queira sacar a ninguén de aí (...) toda a xente que estaba no núcleo da agresión vaise cara á segunda zona", argumentou.

Desde o segundo punto da agresión ata o terceiro, en cambio, é D. M. quen "inicia unha carreira" na que "deixa a todo o mundo atrás" e logo úneselle A. F.

Ao longo deste proceso, segundo os testemuños, A. M. dixo a outro amigo que "non puido facer nada porque o agarrou un negro".

Cando termina, os vídeos sitúan aos acusados separados porque "hai unhas consignas para que cada un vaia por cada unha das rúas", aínda que a Policía Nacional ve unha "unidade de acción" tanto durante a agresión como posteriormente cando se atopan nun parque.

El foi o encargado de revisar os datos do teléfono móbil de C. S. e constatou que tiña borradas todas as mensaxes de WhatsApp e de Instagram desde xuño e só ten capturas de pantalla de xornais que informaban da morte de Samuel Luiz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade