Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan morta unha persoa na AP-9V en Vigo

Atopan morta unha persoa na AP-9V en Vigo

A vítima, un home de 33 anos, puido ser atropelada

O sinistro produciuse en Teis
G24.gal 25/12/2024 08:25

Un atropelo semella ser a causa da morte dun home de 33 anos cuxo corpo apareceu tendido na estrada en Vigo. Segundo informa o 112 estaba no kilómetro 2 da AP-9V, en Teis, nun dos ramais de saída da autoestrada. Foron os condutores que circulaban pola zona sobre as seis da pasada madrugada os que alertaron do suceso.

Ata o lugar do suceso desprazáronse efectivos da Garda Civil, da Policia Local e do 061, ademais de persoal de mantemento.

A vitima podería estar regresando de celebrar a Noiteboa e as  primeiras hipóteses apuntan a un atropelo e posiblemente á fuga do vehículo implicado. As cámaras da autoestrada poderían axudar a esclarecer o suceso, mentres o corpo da vítima foi trasladado polos servizos funerarios ata o hospital Nicolás Peña onde se lle practicará a autopsia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade