Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un home de 89 anos cando cruzaba un paso de peóns en Carballo

Falece un home de 89 anos cando cruzaba un paso de peóns en Carballo

Aínda que se están investigando as causas, a mala visibilidade e un descoido do condutor do vehículo son as hipóteses que se barallan

Paso de peóns onde se produciu o atropelo
G24.gal 27/11/2024 13:19 Última actualización 27/11/2024 14:59

Un home de 89 anos faleceu tras ser atropelado na rúa Perú, en Carballo.  Do suceso, o servizo de emerxencias 112 tivo constancia sobre as sete menos cinco da tarde. En concreto alertábase do atropelo dun home nunha zona con paso de peóns, á altura do centro comercial Bergantiños.

Pasaban das sete da tarde, xa de noite, cando veciños da zona escoitaron o forte golpe. Explica un veciño, un dos primeiros en socorrer á vítima, que o home de 89 anos presentaba feridas graves e un forte traumatismo na cabeza.

Nese momento, alertábase de que parecía ser grave e, tras unha primeira asistencia no lugar, o home foi trasladado a un centro hospitalario. 

Antes de ser trasladado ao CHUAC ía consciente. Con todo, nada puideron facer por salvarlle a vida. A vítima era moi coñecido na localidade e vivía a escasos metros de onde foi atropelado.

O condutor saíu ileso e parece que o exceso de velocidade non foi a causa do accidente, pero si puido ser importante a falta de visibilidade. Con todo a investigación das causas segue aberta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade