Publicador de contidos
Publicador de contidos

Perigo para os peóns: Catro atropelos no centro de Sarria en apenas mes e medio

Perigo para os peóns: Catro atropelos no centro de Sarria en apenas mes e medio

O último rexistrouse na mesma rúa onde xa fora alcanzado un veciño en setembro

Félix Aragunde 09/10/2024 13:50 Última actualización 09/10/2024 13:57

No cruzamento entre as rúas Liberdade e Diego Pazos, en pleno centro de Sarria, quedou ferida unha viandante ao ser golpeada por un turismo. A vítima do accidente, de 65 anos, tivo que ser hospitalizada en Lugo.

"Estaba o coche atravesado aquí no medio da rúa e a señora acolá. Botaron aquí un chisco, logo veu a ambulancia e a policía botaron un cacho aquí cun tráfico complicado. Anteriormente, houbera outro atropelo no boulevard", relata Jimmy Valdez, repartidor.

Con este, xa son catro os atropelos rexistrados en apenas mes e medio nas principais rúas da vila.

O primeiro tivo lugar o 29 de agosto na rúa Benigno Quiroga, e aos poucos días outro veciño foi alcanzado na mesma rúa Liberdade. A estes, hai que sumar outro atropelo máis, na rúa Matías López, a finais de setembro.

Ademais de pedir precaución, dende o Concello están a tomar unha serie de medidas encamiñadas a mellorar a seguridade. Repintáronse pasos, colocáronse pivotes ao carón e incrementouse a vixilancia por parte da Policía Local.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade