Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xurado do crime de Velle debátese entre homicidio e asasinato e entre agravantes e eximentes

O xurado do crime de Velle debátese entre homicidio e asasinato e entre agravantes e eximentes

A Fiscalía pide para el 17 anos de prisión por un delito de asasinato mais 7 anos por un en grao de tentativa

A defensa pide a libre absolución porque considera que a enfermidade mental que padece fixo que non momento do crime non fose consciente 

As acusacións particulares piden prisión permanente revisable por primeira vez nun tribunal en Ourense

G24.gal 21/11/2024 13:59

O xurado popular delibera arestora sobre 17 preguntas o obxecto de veredicto. Os feitos están claros, as partes están de acordo. O acusado acudiu o 19 de febreiro de 2021 de noite á casa dos seus veciños en Velle e atacou cun coitelo primeiro o seu curmán, deixándoo gravemente ferido, e despois a parella deste que faleceu.

O que teñen que dirimir estes 9 cidadáns é se se trata dun homicidio e dunha tentativa ou dun asasinato. Para iso terán que ver se concorren en cada un dos dous ataques, as agravantes de aleivosía, como aprecia a fiscala, e asañamento, como engaden tamén as acusacións particulares.

Pero a cuestión clave é se o imputado era consciente ou non do mal que estaba facendo. Padece esquizofrenia paranoide pero o xurado terá que determinar en que facultades psicofísicas se atopaba no momento do crime e redactar a motivación e en base a que.

Se era plenamente consciente da realidade, como sosteñen as acusacións particulares, se as súas facultades psicofísicas estaban afectados dun xeito leve, como mantén a Fiscalía, ou se estaban moi alteradas ou totalmente anuladas. Isto último é o que sostén a defensa e pide por iso a libre absolución.

A Fiscalía pide 24 anos de cárcere e as familias das dúas vítimas, prisión permanente revisable. Nas próximas horas coñecerase o veredicto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade