Un bus urbano choca contra unha casa en Lugo sen danos persoais graves
Un bus urbano choca contra unha casa en Lugo sen danos persoais graves
Só un dos pasaxeiros foi derivado a un centro médico para ser sometido a un recoñecemento
O Concello de Lugo informou de que esta mañá un dos buses do transporte público da cidade chocou contra unha casa no barrio de Albeiros, na zona norte da cidade, pero que non houbo que lamentar no sinistro danos persoais de carácter grave.
Segundo a información facilitada por fontes municipais, a pesar do aparatoso que foi o sinistro, só un dos pasaxeiros foi derivado a un centro médico, para ser sometido a un recoñecemento, aínda que aparentemente non presentaba feridas de consideración.
De momento descoñécense as causas exactas do accidente, aínda que parece que o bus urbano fóiselle "de atrás lixeiramente" ao condutor cando circulaba por esa zona e acabou chocando contra unha vivenda. En canto aos danos materiais, a casa aparentemente non sufriu danos no sinistro.