Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferido un condutor que se precipitou á ría co seu coche dende a ponte das Pías, en Fene

Ferido un condutor que se precipitou á ría co seu coche dende a ponte das Pías, en Fene

O ocupante logrou saír polos seus propios medios e chegou nadando a terra

G24.gal 21/11/2024 14:03

Un condutor, M. A. G. V., de 44 anos de idade, quedou ferido este xoves tras precipitarse co seu coche á ría de Ferrol desde a ponte das Pías, en Fene (A Coruña), segundo informou o CIAE 112 Galicia.

O accidente ocorreu pasadas as 12:30 horas, cando un particular contactou con Emerxencias para informar de que presenciara o sinistro e que cría que un vehículo caera á ría. O 112 Galicia alertou a Urxencias Sanitarias-061, Garda Civil de Tráfico, GES de Mugardos, Policía Local e Protección Civil de Gene e ao servizo de mantemento da vía.

O condutor, e único ocupante do vehículo, logrou saír polos seus propios medios e chegou nadando a terra. Con todo, segundo confirmaron fontes do 061, o home presentaba signos de hipotermia e foi trasladado nunha ambulancia de soporte vital básico ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar