Publicador de contidos
Publicador de contidos

O polbo é o novo obxectivo das asociacións animalistas

O polbo é o novo obxectivo das asociacións animalistas

Propoñen que se prohíba a súa captura e venda

O polbo é un dos pratos estrela da gastronomía galega
G24.gal 21/11/2024 16:03

O polbo, un dos produtos do mar máis prezados en Galicia, está no punto de mira dunha asociación ecoloxista belga. Propoñen que se prohíba a súa captura e venda, xa que consideran que os métodos de pesca son crueis. Un criterio que os mariñeiros como José Manuel Rosas, patrón maior da confraría de Bueu, non comparten. "O polbo atrápase coa nasa e nada máis telo a bordo xa se sacrifica", explica Rosas. 

A iniciativa que pide a súa prohibición ven de man de 80 asociacións animalistas de toda Europa. Aquí, en Galicia, a petición dos ecoloxistas espertou o rexeitamento de consumidores, polbeiros e mariñeiros.

"É un emblema de Galicia, do máis sinalado da nosa gastronomía", mantén César Álvarez, polbeiro do Carballiño. "É unha estrela na comarca do Carballiño e na miña vila, Arcos, somos 90 familias as que vivimos da gastronomía polbeira". Na actualidade, España é o maior consumidor de polbo en Europa".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade