Publicador de contidos
Publicador de contidos

Buscan o responsable de furar a balotes un gato en Cambados

Buscan o responsable de furar a balotes un gato en Cambados

O animal estaba dentro dun saco con dez disparos, seis na cabeza

Buscan o responsable, que segundo parece, acurralou o gato para que dispararlle

G24.gal 31/10/2024 14:36

Estaba o gato metido nun saco cando Rosa o atopou. A súa reacción foi crucial.

"Hai aquí un saco e creo que ten dous gatiños. A miña filla díxome que o abrira pero tiña un arame e non sabía se sería capaz. Entón abrino e con dous empurróns saíu o gatiño para fóra pero xa non se movía", explica Rosa.

Tiña o corpo furado a balazos. Dez por todo o corpo, seis deles na cabeza.

"Na cabeza onte sacámoslle dous e quédanlle catro. Un deles descendeu ás paranasais. Xa se escoita cando respira, que respira un pouco mal. E un deles entrou no intestino e fíxolle dez perforacións. Hai que cruzar os dedos", relata Olga Costa, a directora do refuxio de animais de Cambados.

No refuxio recollen entre 200 e 300 gatos ao ano pero nunca viran cousa igual. Tras unha intervención de máis de dúas horas, os próximos dez días serán claves para recuperarse das lesións, e do medo.

"Ten moito medo. Ve vir unha man e agocha a cabeza. Está enfadado e ten moita dor. Moita dor", engade Costa.

A garda civil busca o responsable ou responsables deste delito repugnante para que pague polo que fixo.

"Tiñan que telo inmobilizado porque ti cando a un gato lle metes un balote, escapa. Non aguanta seis disparos na cabeza. O que fai isto é un psicópata. Se llo fai a un animal, pode facerllo a unha persoa", sinala a directora do refuxio.

"Oxalá o encontren. Oxalá o encontren porque non debe de ser de moi lonxe", apunta Rosa, a muller que atopou o gato.

Localizar o dono podería darlles unha pista do bárbaro que se cebou co animal. Búscano a través das redes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade